Aqura
NAME LENGTH AVAILABLE ON

Tensnake - See Right Through Ft. Fiora

Jack U ft. Kiesza - Take You There

Bob Sinclair - Cinderella

Yuna - Lullabies

MJ Pérez é unha das novas voces do panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido en 2014 e en tan só dous anos acumula máis de 50 concertos por diferentes cidades e vilas galegas. Suma xa dous discos, un autoeditado e outro auto-producido, e estivo presente nalgúns festivais e circuítos musicais de Galicia.

María José, nada en Arzúa, é unha cantante e compositora galega actual. Aprende a tocar a guitarra aos 14 anos e ao pouco tempo compón os seus primeiros temas. Mais non é ata o 2014 que inicia a sua actividade como artista.

Un ano antes, no 2013, MJ participa nun obradoiro de poesía impartido por Yolanda Castaño que marca un punto de inflexión no seu camiño. É neste momento cando a autora comeza a compoñer dun xeito máis activo e únicamene en galego. Ademais disto, alí coñece a figuras como Mercedes Leobalde, Luisa Abad, Lidia Bao... etc, e demais poetas e escritores cos que colaborará despois.

MJ desenvolve así a súa faceta musical á par que a súa formación académica, xa que ademais disto é produtora audiovisual. Leva a cabo a produción de varios videoclips, entre eles "Evidencia" o primeiro da propia MJ Pérez.

Participa tamén en diferentes proxectos: compón a música para a peza audiovisual “Ao Vento” (da que é coautora), colabora no documental “Vieiros de Esperanza” centrado en Carvalho Calero e crea “O Valse”. Este último é un proxecto que pretende poñer os recursos do audiovisual ao servizo da música para impulsar o novo talento, outras músicas e fomentar o intercambio cultural a través da mesma música.

MJ inicia o seu percorrido con "Ollos que non ven, síngoma de cegueira", un álbum auto-editado de 10 temas que a artista compartía a través da rede, na plataforma Bandcamp, a medida que gravaba. Deste xeito, foi un proxecto que se prolongou no tempo. Da man deste traballo chegaron as primeiras actuacións en diversos recitais de xeito puntual.

É no 2014 cando MJ inicia a súa actividade dun xeito máis firme, chegando a rematar o ano con máis de 15 concertos en diferentes puntos de Galicia. Acompaña a Mercedes Leobalde nas diversas presentacións do seu libro de poemas “Chamádeme Eva”. Máis adiante fará o mesmo coa súa obra “Funambulistas”.

O punto máis destacable deste momento para a artista foi a súa participación no “I Certame de Canción de Autor en Galego” organizado polo Concello de Teo, do que foi finalista xunto con outros artistas coma Nastasia Zürcher, Sofía Espiñeira, María Costas ou Alba María.

O ano 2015 foi un momento de impulso para MJ, xa que comezou cun novo disco baixo o brazo: "Guerrilleira" do que fixo un concerto especial de adianto en Linda Rama (Coruña) e que sacou á luz oficialmente o 25 de xullo dese mesmo ano.

A artista experimenta unha evolución non só na súa música, se non que tamén no seu percorrido posto que nese ano aumenta o número de concertos e chega a estar presente en festivais como o Noroeste Pop Rock.